DE NURIA SANTIAGO

Dscf0180

Ola Miguel, despois de tantas conversas que tivemos, creo que nunca falamos de música, así que non me atrevo a mandarche ningunha canción pois non controlo o que che gusta. Falamos de libros, películas, política... e incluso discutimos un montón, pero bueno, vouche mandar unha fotiño de aquel día no que nos buscamos a vida para ir apoiar a Luis cando o nombraron o mellor deportista arousán. Isto non é unha novidade para tí, pero dígoo porque (aparte de conseguir que nos reuníramos un dos únicos días que non tiñamos regatas nin entreno) que Luís sexa o mellor deportista da Illa tamén é gracias a tí, un gran compañeiro de k2, pois tedes un currículo moi bo da temporada que rematou; seguro que isto non o sabían algúns dos teus amigos e familiares.
 
Vouche contar unha cousiña, porque eres o único que non o sabes: o último día que nos vimos (o venres antes do teu accidente) non sei si lembras que vós marchastedes e eu quedín de cháchara con Arturo e comuniqueille unha noticia que ía a afectar ó meu comezo de temporada, e é que estou embarazada. Á semana seguinte xa todos o sabían, pero faltas tí, así que ainda que o vexas máis tarde, polo menos queda reflexado como si te enteraras casi igual que o resto do clube.
 
Mándoche ánimos, coma todos os que te coñecemos, tamén Julio está moi pendiente das noticias que eu lle vou dando. Extrañámoste no club, pero esperámoste.
Gracias a teus irmás por manternos en contacto contigo, alivia un pouco o que está a pasar e supoño que eles tamén se sinten ben ao saber o apoio que estás recibindo.
 
Un abrazo.
 
NURIA